Cando
Maio 19, 2025
12:30 p.m.
Onde
Mercado de Teis
Mercado de Teis, Vigo
Mercado de Teis, Vigo
Event Type
Grupo Folk – 19 de maio · Mercado de Teis
O Mercado de Teis volveu ser punto de encontro para a música tradicional galega coa actuación do Grupo Folk de Mayeusis o pasado 19 de maio. Ernesto Campos (guitarra), Leny Pérez (voz e percusión) e Marcos Campos (gaita, frautas e acordeón) fixeron soar pezas populares cheas de forza e identidade, conectando co público desde os primeiros compases. Os bailaríns André Adrio, Xoel Lorenzo e Noemí Rodríguez puxeron en pé á praza cunha posta en escena vibrante, enchendo o espazo de movemento e tradición.