Cando
Abril 8, 2025
12:00 p.m.
Onde
Paseo de Alfonso
P.º de Alfonso XII, 7, Vigo, Pontevedra, 36202
P.º de Alfonso XII, 7, Vigo, Pontevedra, 36202
Event Type
Grupo Folk – 8 de abril · Paseo de Alfonso
Nun día soleado que acompañou á perfección, o Grupo Folk de Mayeusis estreou a súa xira polo programa Conexións cun concerto no emblemático Paseo de Alfonso. Ernesto Campos (guitarra), Leny Pérez (voz e percusión) e Marcos Campos (gaita, frautas e acordeón) fixeron soar a música tradicional galega cunha forza e frescura que cativou ao público desde o primeiro acorde. Os bailaríns André Adrio, Xoel Lorenzo e Noemí Rodríguez achegaron movemento e autenticidade a unha actuación que celebrou as nosas raíces en pleno centro de Vigo.







