Cando
Xuño 25, 2025
12:00 p.m. - 1:00 p.m.
Onde
Calle Príncipe
Rúa Príncipe, Vigo
Rúa Príncipe, Vigo
Event Type
Grupo Dixie – 25 de xuño · Rúa do Príncipe
O mércores 25 de xuño, a Rúa do Príncipe volveu ser escenario de música en directo coa actuación do Grupo Dixie de Mayeusis. David González (trombón), Plácido Martínez (trompeta), Xeila Martínez (clarinete), Carlos A. Fernández (tuba), Jorge Barrero (guitarra eléctrica) e Diego Orge (batería) ofreceron un concerto cheo de ritmo, improvisación e alegría. Acompañados polo bailarín Aitor Mumbrú, fixeron que o jazz máis festivo se mesturase co bulicio da cidade, creando un momento inesquecible para todas as persoas que pasaban polo centro.