Cando
Maio 6, 2025
12:00 p.m.
Onde
La Guía
Capela da Guía, Vigo
Capela da Guía, Vigo
Event Type
Grupo Dixie – 6 de maio · A Guía
O Grupo Dixie de Mayeusis levou o seu inconfundible espírito festivo ata un dos recunchos con máis encanto de Vigo: a Guía. Situado no alto dunha das colinas máis emblemáticas da cidade, este enclave ofrece vistas privilexiadas da ría e unha atmosfera única que fixo de escenario perfecto para o concerto do 6 de maio. David González (trombón), Plácido Martínez (trompeta), Xeila Martínez (clarinete), Carlos A. Fernández (tuba), Jorge Barrero (guitarra eléctrica) e Diego Orge (batería) encheron de ritmo e alegría o entorno, acompañados polo bailarín Aitor Mumbrú, que puxo en movemento ao público cunha actuación chea de carisma e improvisación.