Cando
Onde
Rúa Policarpo Sanz, 13, Vigo
Event Type
III Encontro CONEXIÓNS – 27 de xuño · Teatro Afundación
O Teatro Afundación acolleu o 27 de xuño o III Encontro CONEXIÓNS, unha cita especial que reuniu sobre o escenario diferentes expresións artísticas e culturais nun mesmo fío común: a música como ferramenta de unión. Participaron nesta edición o Grupo Folk de Mayeusis, co seu repertorio tradicional galego e posta en escena vibrante; o Grupo Xuvenil, formado por novas e novos músicos do conservatorio que demostraron talento e entusiasmo; e como broche internacional, a colaboración coa iniciativa Egueire, procedente de Costa de Marfil, que trouxo ritmos africanos, percusión e baile nun intercambio cultural cheo de forza e significado. Un evento que puxo de manifesto o espírito de conexión e diversidade que define este proxecto.