Cando

Abril 24, 2025    
11:00 a.m.

Onde

Mercado Teis (Entrada)
Rúa Toural de Abaixo, s/n, Teis, Vigo, Pontevedra, 36207

Event Type

Mapa Dispoñible

Grupo Clásico – 24 de abril · Mercado de Teis
O Grupo Clásico de Mayeusis encheu de música o Mercado de Teis o pasado 24 de abril cunha actuación que combinou elegancia e emoción. Luis Caballero (violoncello), Yago V. Pateiro (frauta travesa) e Rodrigo Portela (piano) ofreceron un repertorio variado que encantou tanto aos maiores como aos máis pequenos. A soleada mañá e a presenza de numerosas familias e moitos nenos e nenas entre o público, fixeron que o concerto fose especialmente cálido e próximo. Os bailaríns Juan Moredo e María Alonso engadiron movemento e expresividade á escena, facendo desta actuación unha experiencia completa e memorable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *